III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación infantil e Adolescente

Os próximos días 18 e 19 de novembro organizamos o Terceiro Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente. Despois da edición de 2021, que tivemos que realizar en liña debido á COVID-19, este ano esperamos con ilusión reencontrarnos de xeito presencial!
Nesta ocasión a temática central a traballar será a protección e a prevención da violencia contra a infancia e a adolescencia, no marco da actividade “O mural dos dereitos” proposta por Cidades Amigas da infancia para celebrar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro).
Obxectivos do encontro
- Contribuír ao exercicio do dereito dos nenos, nenas e adolescentes a participar en todo o que lles afecta, poñendo en valor o seu dereito a opinar e ser escoitados.
- Intercambiar experiencias e coñecementos entre diferentes consellos de participación infantil e adolescente dentro da comunidade autónoma.
- Fomentar un clima de respecto e protección dos dereitos da infancia e a adolescencia a nivel local, fomentando contornas seguras e protectoras.
- Reforzar unha visión do municipio como protector dos dereitos da infancia.
- Alcanzar como grupo, puntos de acordo e definir unhas conclusións comúns do encontro para a elaboración do III Manifesto da Infancia en Galicia que logo será trasladado ás administracións públicas.
Datos organizativos
Data
18 e 19 de novembro de 2023
Lugar
Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Avda. do Parque s/n, 32500 O Carballiño, Ourense.)
Horario
Do sábado ás 10:00h ata o domingo ás 15:00h
Destinatarios
50 nenos, nenas e adolescentes dos Consellos Locais de Participación dos concellos de Galicia.
Inscricións

- Cada consello estará representado por catro nenos, nenas e adolescentes entre 10 e 17 anos. Recomendamos que a selección dos nenos e nenas responda ao consenso e a unha selección o máis democrática posible.
- Cada consello estará acompañado por unha persoa adulta de referencia responsable do grupo.
- Cada consello comprométese a trasladar os acordos e conclusións alcanzadas durante o Encontro aos seus compañeiros/as e representantes políticos.
- Cada concello financiará cos propios recursos os desprazamentos da delegación do seu municipio. Estes traxectos deben estar axeitadamente cubertos polos seguros correspondentes, baixo a responsabilidade de cada municipio.
- A organización cubrirá os gastos de estancia e manutención dos participantes e da persoa adulta acompañante de referencia.
- Será obrigatorio que a persoa adulta de referencia que os acompañe durante o Encontro subscriba o protocolo de protección para o evento (documento de pautas de salvagarda).
- Para a participación no Encontro é imprescindible que os nenos, nenas e adolescentes teñan a autorización correspondente debidamente cumprimentada.
- Prazo de inscrición: Ata o 10 de novembro para cumprimentar o formulario de inscrición e os correspondentes modelos de autorización.
Para calquera dúbida podes contactar con: galicia@unicef.es
Organiza
UNICEF Comité Galicia coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
Últimas noticias
Una norma global sobre los servicios para niños y niñas víctimas de violencia
Su objetivo es transformar la atención, justicia y protección que recibe el niño o niña víctima del maltrato evitando su revictimización
Estrategias de las ciudades contra la contaminación acústica
Más del 20% de la población de la UE vive en zonas donde los niveles de ruido del tráfico son perjudiciales para la salud
21 de mayo: ¿Es distinta la vida de un niño o niña en España si reside en una Ciudad Amiga de la Infancia?
Compartimos en un webinar los resultados de la evaluación de impacto de Ciudades Amigas de la Infancia de 2024