UNICEF Comité Galicia impulsa a iniciativa Cidades Amigas da infancia co obxectivo de promover a aplicación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) a nivel municipal nos municipios galegos. Un elemento central de Cidades Amigas é a promoción da participación infantil e adolescente. Dentro deste marco, UNICEF promove que os consellos locais de participación infantil e adolescente, intercambien opinións e coñecementos, debatan, aprendan e consensúen xuntos. É por iso, que os próximos días 22 e 23 de outubro organizamos o Segundo Encontro Galego de Consellos de Participación Infantil e Adolescente.

Nesta ocasión a temática central a traballar será o Medio Ambiente e o Cambio climático, no marco da iniciativa “A liga pola terra”.

Obxectivos do encontro:

Contribuír ao exercicio do dereito dos nenos, nenas e adolescentes a participar en todo o que lles afecta, poñendo en valor o seu dereito a opinar e ser escoitados.

Intercambiar experiencias e coñecementos entre diferentes consellos de participación infantil e adolescente dentro da comunidade autónoma.

Expoñer asuntos de interese relacionados co Medio Ambiente e a loita contra o Cambio climático que xurdan dos propios nenos, nenas e adolescentes.

Alcanzar como grupo, puntos de acordo e definir unhas conclusións comúns do encontro en formato de manifesto que logo serán trasladadas ás administracións públicas.

Data: 22 e 23 de outubro de 2021

Formato: En liña

Horario: Venres de 17.30h a 20.00h e sábado de 10:30h a 12:30h.

Destinatarios: 50 nenos, nenas e adolescentes dos Consellos Locais de Participación dos concellos de Galicia.

Organiza: UNICEF Comité Galicia coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

Para calquera dúbida podes contactar con: [email protected]

Formulario de inscrición

Ir al contenido