Bases: VIII Recoñecemento Cidades Amigas da Infancia e IX Certame de Boas Prácticas. Convocatoria 2017-2018

O Programa Cidades Amigas da Infancia pon a disposición de todos os Gobernos Locais interesados nas bases das convocatorias para obter por primeira vez, ou renovar, o Selo  Cidade Amiga da Infancia,. Adicionalmente aquelas entidades que contan cun proxecto cuxo obxectivo sexa impulsar o benestar da infancia e a adolescencia, poderán presentarse ao Certame de Boas Prácticas.

Selo de Recoñecemento Cidades Amigas da Infancia

Mediante a concesión do Selo de Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia, esta convocatoria ten como finalidade recoñecer un modelo de xestión cun enfoque de dereitos de infancia levado a cabo polos Gobernos Locais. Dito Selo tradúcese en que o Goberno Local conta cunha política local de infancia baseada nun diagnóstico da realidade dos nenos e nenas e da localidade realizado de maneira participativa (incluíndo á infancia); que o Goberno Local ten como interlocutor recoñecido a un Órgano de participación de infancia e Adolescencia dinámico e que no deseño, implementación, seguimento e avaliación desta política as autoridades locais e o equipo técnico traballan en rede, tanto dentro da corporación como a nivel externo.

O recoñecemento realízase mediante o outorgamento dun Selo de Recoñecemento Cidade Amiga da Infancia. Dita distinción ten una vixencia de catro anos.

As bases consideran por separado os dous escenarios seguintes:

  • Municipios ou Gobernos Locais que desexen obter o Selo por primeira vez.
  • Municipios ou Gobernos Locais que obtiveron o recoñecemento en 2014 e desexan renovalo.

É necesario que os interesados sigan as directrices de aplicación, diferenciadas, para cada un dos dous casos anteriores.

Certame de Boas Prácticas

Mediante este certame o Programa premia accións e proxectos concretos promovidos polos Gobernos Locais ou por entidades sociais de diverso tipo (centros educativos, asociacións, fundacións, AMPAS, etc.) cun enfoque de dereitos de infancia, centrados na Convención sobre os Dereitos do Neno e dirixidos a impulsar o benestar da infancia e a adolescencia.

As organizacións interesadas poderán presentar a esta convocatoria unha Boa Práctica, que se enmarcará dentro dunha das seguintes categorías:

  • Planificación urbana sostible realizada pola infancia e adolescencia.
  • Programas eficaces de atención á infancia e adolescencia máis vulnerables.
  • Estratexias innovadoras de participación infantil e adolescente.
  • Abordaxe de problemas de violencia nos ámbitos educativos e en redes sociais, espazos comunitarios.
  • Modelos exitosos de inclusión social xa sexa de xénero, cultural, étnica ou económica.
  • Campañas efectivas dirixidas á mellora do benestar da infancia e a adolescencia.
  • Aplicación da Axenda 2030 ou Axenda Hábitat III no ámbito local, cun enfoque de dereitos de infancia.

Así mesmo establécese a seguinte categoría específica para Gobernos Locais con Selo de Recoñecemento CAI vixente, co propósito de xerar e compartir aprendizaxes relativos ao modo de xestión CAI:

  • Experiencias replicables de Modelos de Xestión CAI

Documentos de traballo

 

Últimas noticias

¡Compártelo!
Share on FacebookTweet about this on Twitter